Btteando por Guitiriz reúne unha vintena de ciclistas na Ruta do Cordal

TerraChaXa
O itinerario constou dun percorrido de 20 quilómetros de largo e 300 metros de desnivel e a próxima saída será despois do verán
btt-ruta-do-cordal
26 May 2026

O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe celebraron o pasado domingo, 24 de maio, a terceira saída do ano da oitava edición do programa ‘BTTEando por Guitiriz’. Nesta ocasión, a actividade consistiu na realización da Ruta do Cordal, un percorrido que discorreu polas pistas desta serra que marca a separación entre as provincias de Lugo e A Coruña.

Nun domingo marcado polas altas temperaturas, unha vintena de ciclistas déronse cita para desfrutar dunha xornada deportiva e de convivencia polos montes da parroquia de Santa Mariña. Ao longo do percorrido, as persoas participantes puideron descubrir espazos emblemáticos da zona como o repetidor da Santa Mariña, o Boedo, un tramo da antiga N-VI e distintas aldeas da parroquia.

A saída realizouse desde a Igrexa de Santa Mariña e contou cun itinerario duns 20 quilómetros e aproximadamente 300 metros de desnivel, deseñado para fomentar o contacto coa natureza e a práctica deportiva ao aire libre.

A próxima saída do programa xa está programada para despois do verán. Será o 18 de outubro coa celebración da ruta ‘Btteando por Roca’

0.11925601959229