Burela celebra mañá o Día da Educación Ambiental

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Xan 2021

Mañá, 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que se busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, lembra que “o Concello de Burela conta con dúas monitoras de educación ambiental que durante todo o ano realizan actividades para crear conciencia nas persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente,  protexer a flora e a fauna. E como non podía ser doutro xeito durante esta semana realizarán diversas actividades para celebrar esta efeméride”. 

A edil burelesa conta que “o martes e o mércores, 26 e 27 de xaneiro, a alumnado de Infantil do Ceip Virxe do Carme participará nun conto escenificado con títeres O gorrión Valentino, que nos axudará a inculcar o valor de amar a natureza e coidar o medio ambiente para asegurar a vida de todos os que vivimos neste planeta. O venres serán os alumnos e alumnas de 4º de Primaria do mesmo Ceip os que reciban a charla O chan e os inodoros non son papeleiras nin contedores de lixo, coa que pretendemos concienciar da problemática que supón tirar polo inodoro determinados obxectos: toalliñas húmidas, aceite usado, bastoncillos dos oídos, produtos de hixiene feminina, condóns… Esta mestura de produtos de hixiene persoal con graxa pode formar fatbergs nas nosas alcantarillas”.  Toñi Eijo indica que “os españois tiramos 10 quilos de residuos sólidos por habitante e ano polo inodoro, lixo que chega ás estacións depuradoras e xera problemas ambientais e económicos estimados en torno aos 230 millóns de euros anuais. Tamén intentaremos concienciar da necesidade de non tirar lixo na rúa nin en zonas verdes, e da problemática dos microplásticos”.

Eijo engade: “eu, como concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela, teño intención de seguir realizando campañas de sensibilización y educación ambiental, xa que teño claro que é imprescindible facer que as persoas tomen conciencia e se sensibilicen con respecto aos problemas medioambientais da súa contorna, para que entre todos poidamos buscar, protexer e brindarlles solucións. E estou apostando polas redes sociais como nova canle para a educación ambiental”.

0.16095304489136