Burela pon en marcha unha nova campaña de concienciación social sobre a covid-19

TerraChaXa | AMariñaXa
Burela pon en marcha unha nova campaña de concienciación social sobre a covid-19
15 Dec 2020

O equipo de goberno do Concello de Burela continúa coas campañas de concienciación sobre o covid-19. Nesta ocasión faino coa colocación de grandes carteis na praza da Mariña e no parque Rosalía de Castro nos que se pode ler a mensaxe Burela, ti elixes.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “a campaña fai un chamamento á poboación para que despois dun ano realmente complicado, non caiamos no esquecemento”.

A edil burelesa sinala: “hai que dar a noraboa polo bo comportamento da inmensa maioría dos nosos veciños e veciñas. Grazas ao sacrificio de todos conseguimos remitir os gromos que por agora levamos sufrido, pero é moi importante que non esquezamos por todo o que pasamos”.

Carmela López engade que “este Nadal non vai ser e non pode ser como un Nadal máis e hai que telo moi presente. Apelar á responsabilidade individual nestas datas é fundamental para non dar pasos atrás. Temos que coidarnos e coidar dos nosos”.

0.10251688957214