Burgás celebra esta fin de semana as súas festas

TerraChaXa
A localidade de Burgás, en Xermade, celebra esta fin de semana as suás festas patronais na honra de Santa Eulalia e San Roque.
2 May 2024

A localidade de Burgás, en Xermade, celebra esta fin de semana as suás festas patronais na honra de Santa Eulalia e San Roque.

As celebracións arrancarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Magos. Pola noite volverá a actuar esta orquestra xunto ao trío D'Nika.

O domingo comezarán tamén con oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú, que porá o punto e final ás festas estará ao cargo do dúo Eclipse.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.16137290000916