Burgás celebra esta ponte de maio as súas festas

A localidade de Burgás, en Xermade, celebra a ponte festiva as súas festas patronais na honra de Santa Eulalia e San Roque.
As celebracións arrancarán o venres, 1 de maio, cunha sesión de pinchos de balde pola tarde, que precederá a unha verbena a cargo de Tapioka.
O sábado comezarán cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Costa Dorada. Pola noite volverá actuar esta orquestra xunto ao dúo Venus.
O domingo haberá tamén oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú porá o punto e final ás festas, a cargo do dúo Eclipse.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.