Buriz celebra esta fin de semana as súas festas na honra de San Pedro

A parroquia de Buriz, no concello de Guitiriz, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra de San Pedro cun amplo programa de actos relixiosos e musicais que se desenvolverán os días 4 e 5 de xullo.
As celebracións darán comezo o sábado 4 de xullo ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada pola orquestra Eureka. Xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena que contará coas actuacións das orquestras Eureka e Saudade.
O domingo 5 de xullo a programación arrancará tamén ás 13.30 horas coa celebración dunha misa solemne e a posterior procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú longa coa actuación do Grupo Fénix, que poñerá a música á segunda xornada festiva.
A comisión organizadora anima á veciñanza e aos visitantes a participar nestes festexos, que cada ano reúnen a numerosos asistentes para celebrar as tradicionais festas patronais de San Pedro nun ambiente de convivencia e diversión.