Buriz prepárase para celebrar a festa do Carme

A parroquia de Buriz, en Guitiriz, acollerá o vindeiro sábado 25 de abril unha nova edición da súa tradicional festa na honra á Virxe do Carme. O evento promete unha xornada chea de emoción, devoción e diversión para veciños, veciñas e visitantes.
A programación dará comezo ás 13:00 horas coa misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Grupo D'Vicio, que tamén participará na verbena nocturna.
Pola noite, a música será a gran protagonista cunha verbena que contará coa actuación do grupo Beatriz, garantindo unha festa para todos os gustos e idades.
Toda a celebración terá lugar nun campo cuberto con carpa, para garantir o bo desenvolvemento da festa independentemente do tempo.