Buscan financiamento para mellorar o aspecto do edificio do servizo de Atención Temperá de Vilalba
TerraChaXa
Solicitan á Xunta de Galicia unha subvención para corrixir o impacto da fachada do edificio municipal do servizo de Atención Temperá.
11 sep 2021
O Concello de Vilalba vai solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para corrixir o impacto na contorna urbana da fachada do edificio municipal onde se presta actualmente o servizo de Atención Temperá.
En concreto, pedirá 25.000 euros nunha convocatoria de axudas para renovar fachadas “que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da inexistencia dun adecuado acabado final, o deficiente estado de conservación ou a tonalidade e intensidade da actual cor de acabado”.
O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas de que, no caso de non obter a axuda autonónica, acometerá a actuación con fondos municipais.