Cabalgata e curso de condución, actividades de Nadal na Pastoriza

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza ten preparadas algunhas actividades para este Nadal que deron comezo coa visita a Xuvenlugo o día previo a Noiteboa.
ACTIVIDADES NADAL PASTORIZA PORTADA
25 Dec 2021

O Concello da Pastoriza ten preparadas algunhas actividades para este Nadal que deron comezo coa visita a Xuvenlugo o día previo a Noiteboa.

Así, este luns, 27 de decembro, terá lugar o espectáculo viral de Peter Punk a cargo de Punkdemia. Ademais, o día 5 de xaneiro terá lugar a chegada dos Reis Magos á Pastoriza.

Para finalizar, o Concello organizou tamén un curso de condución segura dirixido aos veciños da Pastoriza no circuíto de Kárting,

Será o 9 de xaneiro en dúas quendas, polas mañás de 9.30 a 13.30 horas e pola tarde de 14.30 a 18.30 horas.

Os que desexen participar poden chamar ao Concello para anotarse no 982 332 197.

É requisito ter cumpridos os 18 anos, ser veciño ou traballar no Concello da Pastoriza.

Pola súa banda, a Área de Cultura do Concello da Pastoriza informou que debido a actual situación da pandemia covid-19 decidiuse, "por precaución e responsabilidade", non organizar ningún acto cultural entre os máis pequenos e pequenas.

"As familias e centros educativos están facendo un esforzo extraordinario para coidar da saúde de todos e cremos que por prudencia é necesario evitar calquera opción de contaxio, sobre todo, nestas datas nas que se reunen as familias", indicaron.
ACTIVIDADES NADAL PASTORIZA
0.12426781654358