Cabaneiro anuncia que as escolas deportivas serán gratuítas para a veciñanza

TerraChaXa
As escolas deportivas do Concello da Pastoriza pasan a ser gratuítas para os nenos e nenas do concello durante o resto da lexislatura.
escolas-deportivas-pastoriza2
6 May 2024

As escolas deportivas do Concello da Pastoriza pasan a ser gratuítas para os nenos e nenas do concello durante o resto da lexislatura. Así o anunciou esta semana o alcalde popular, Darío Cabaneiro, no mesmo mes que termina un curso.

Actualmente, no concello da Pastoriza 150 nenos e nenas están inscritos nestas escolas deportivas, nas que practican diferentes deportes, como baloncesto, fútbol sala, atletismo, xadrez, hockey, tenis de mesa, bádminton, pádel, música tradicional e baile.

Os escolares, que pertencen aos distintos centros educativos do termo municipal, no terán que pagar o ano que vén a actividade que escollan, xa que a decisión manterase durante o tempo que lle resta ao alcalde no seu cargo, uns tres anos.

A medida foi moi ben acollida entre os rapaces, que disputan este mes os últimos partidos das competicións deportivas.

0.16245794296265