Cabaneiro, en Abadín, está de festas esta fin de semana

TerraChaXa
O domingo celebrarase a misa con procesión ás 13.30 e rematarán as festas cunha sesión vermú a cargo do dúo Venus
festas-cabaneiro
Cartel das festas
15 May 2026

A parroquia de Cabaneiro, no concello de Abadín celebrará as súas festas na honra a Virxe do Carme e San Bartolomeu esta fin de semana.

As celebracións darán comezo o sábado 18 de maio ás 13.30 cunha misa solemne e procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo Fénix. Xa pola noite, a verbena estará amenizada de novo pola mesma orquestra.

O domingo celebrarase a misa con procesión ás 13.30 e rematarán as festas cunha sesión vermú a cargo do dúo Venus.

0.11834692955017