Cae o número de rupturas matrimoniais no primeiro trimestre do ano con relación ao pasado

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
En Galicia contabilizáronse 41 demandas por cada 100.000 habitantes e, no Estado, 42,4
matrimonio-anels-divorcio
28 Jun 2026

No primeiro trimestre de 2026 rexistráronse en Galicia 1.113 demandas de ruptura matrimonial (separacións, divorcios e nulidades), fronte ás 1.302 do mesmo período do ano pasado, o que supuxo un descenso do 14,5 %. A nivel estatal, experimentaron unha baixada do 14,1 %.

Na comunidade, por cada 100.000 habitantes, contabilizáronse, no período estudado, 41 demandas, fronte ás 42,4 de media estatal, o que a sitúa como a sexta comunidade con menor número de rupturas, por detrás de Estremadura (39,7), Madrid (37,4), A Rioxa (37,3) País Vasco (36,7) e Castela e León (36,1).

Os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial reflicten que, en Galicia, no primeiro trimestre do ano, descenderon todos os tipos de demandas de ruptura matrimonial, en comparanza co mesmo período de 2025.

Os tribunais de instancia da comunidade rexistraron entre xaneiro e marzo 398 divorcios non consensuados, fronte aos 511 do ano anterior, é dicir un 22,1 % menos, e 5 separacións contenciosas, o que representa unha diminución do 61,5 %.

Por outra banda, contabilizáronse 696 divorcios consensuados, un 8,5 % menos, e 13 separacións consensuadas, o que supón un descenso do 18,8%. Ademais, entre xaneiro e marzo presentouse unha demanda de nulidade matrimonial.

No período analizado presentáronse 161 demandas de modificación de medidas consensuadas, o que representa unha baixada do 55,8 %. O número de demandas de modificación de medidas non consensuadas, 315, tivo unha variación á baixa do 32,4 %.

As modificacións de medidas de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais consensuadas, 240, mostraron unha redución interanual do 3,2 %, mentres que as non consensuadas, 261, diminuíron un 20,2 %.

0.11747598648071