Cambio de mobiliario urbano en Rábade para humanizar a rúa Músico Crisanto
LugoXa | TerraChaXa
O obxectivo é reordenar a zona de aparcamento, evitar que os peóns teñan que camiñar pola estrada e facilitar a entrada aos portais
Nova ordenación na rúa Músico Crisanto
17 Maio 2024
O Concello de Rábade vén de recolocar uns bancos de granito na Rúa Músico Crisanto co obxectivo de reordenar a zona de aparcamento, evitar que os peóns teñan que camiñar pola estrada e facilitar a entrada aos portais.
O Goberno local pretende con esta actuación humanizar a zona, ao tempo que xa se pode intuír como quedará a reordenación do tráfico, máis ordenada e acorde cos traballos de mellora nas rúas remodeladas na contorna do campo da feira, o corazón da vila.