Cambios de circulación en Guitiriz polas festas da fin de semana

TerraChaXa
Con motivo da celebración da Festa do Mexillón na praza Ecce Homo de Guitiriz e o festival de Pardiñas hai cambios no tráfico.
aparcadoiros festival pardinas portada
5 Ago 2022

Con motivo da celebración da Festa do Mexillón na praza Ecce Homo de Guitiriz, durante todo o día de hoxe permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Os Casás e Praza do Ecce Homo.

O horario que comprende dicha medida é de 9.00 a 0.00 horas. Tamén está prohibido o aparcamento na zona.

Así mesmo, con motivo da celebración do Festival de Pardiñas, sábado e domingo, o Concello vén de establecer unha serie de sinalizacións na zona para evitar os colpasos de tráfico. Dende o Goberno local instan a que se respecten as normas provisionais de circulación que rexeran os accesos ó festival.

Por outra banda, tamén habilitaron aparcadoiros para tal fin antes das pontes da autovía, polo que se pide aos asistentes que faga uso destes espazos.

0.14935994148254