Campos Conde apoia a XXVI Malla de Meira

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o alcalde de Meira, Antonio de Dios, xunto con membros do Goberno Provincial, así como alcaldes da Comarca, participaban este domingo a XXVI Edición da Festa da Malla de Meira, que se celebra na praza da vila.
presidente Malla Meira
20 Ago 2017

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o alcalde de Meira, Antonio de Dios, xunto con membros do Goberno Provincial, así como alcaldes da Comarca, participaban este domingo a XXVI Edición da Festa da Malla de Meira, que se celebra na praza da vila. Esta tradicional celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional de Galicia.

Campos Conde remarcou que a festa da Malla de Meira “é unha boa oportunidade para coñecer e descubrir este Concello, ao mesmo tempo desfrutar do seu patrimonio natural e cultural. Ademais a festa da malla de Meira xa se converteu nun referente en toda a provincia, nesta edición xa cumpre 26 anos, polo tanto é unha cita xa consolidada dentro do programa estival”, explicou.

Todos os visitantes poderán desfrutar durante esta xornada das actuacións de grupos musicais, e tamén da exposicións de maquinaria antiga e de artesanía. Unha autentica xornada de tradición e de lecer.

0.19492816925049