Cancelada a XII edición da Tasca do Liño de Insua

TerraChaXa
A XII Edición da Tasca tradicional do Liño de Insua, que se ía celebrar o sábado 24 de outubro cun formado máis reducido pola incidencia da covid-19, non terá lugar finalmente debido á última normativa publicada no DOG, que restrinxe as reunións ata dez persoas en todo o territorio autonómico.
xurxo iglesias
16 Oct 2020

"Co desexo de velar sempre pola saúde dos participantes, procedemos a cancelar XII Edición da Tasca tradicional do Liño de Insua. Manteranse vixentes os certames de poesía e debuxo Insua e o liño e ó longo da semana trataremos de ofertar recursos sobre o liño para que a cultura siga", explican dende a organización.

O programa tiña previsto arrincar ás 16.00 horas coa presenza de representantes do Concello e da Deputación de Lugo, ambos os dous colaboradores no acto. A continuación ía proxectarse o documental O liño arte e Cultura, dirixido e producido pola Asociación de veciños de Cabreiros e no que as mulleres de Insua aportan todo o traballo das demostracións do proceso do liño.

Tamén durante a tarde íase facer a entrega dos premios do I Certame de poesía e III de debuxo infantil Insua e o liño así como demostracións en vivo das tarefas do liño a cargo das mulleres da asociación. Completábase o programa cunha actuación de música tradicional.

0.1659369468689