Cancelan de novo a Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol decide cancelar a súa maior Feira, a do Queixo e Pan de Ousá, que este ano se celebraría o día 21 de marzo
vista aerea friol
12 Feb 2021

“Por seguridade de toda a poboación, e especialmente dos veciños e veciñas do municipio”, o Concello de Friol decide cancelar a súa maior Feira, que este ano se celebraría o día 21 de marzo

Vendo os acontecementos que se están a suceder e o nivel de contaxios que se están producindo nas últimas semanas en toda a Comunidade, o Concello de Friol decidiu, por seguridade sanitaria da poboación de Friol principalmente, e por suposto por seguridade dos centos de persoas que se poderían xuntar na súa recoñecida e afamada Feira do Queixo e Pan de Ousá, que o mellor sería pospoñer, por segundo ano consecutivo, a celebración da citada Feira.

Outro motivo que leva ao Equipo de Goberno a tomar esta difícil decisión, é o descoñecemento do nivel de restricións que estarán impostas en esa data. E tendo en conta que é un evento que precisa de varios meses de organización para que todo saia como debería, non se pode esperar ata finais de este mes de febreiro para decidir se se leva a cabo ou non.

O alcalde Jose Ángel Santos lamenta ter que decidir de novo esta cancelación, posto que afectará negativamente a moitas familias do municipio, pero considera que “non podemos arriscarnos, dada a situación sanitaria que estamos a vivir, e que levamos case un ano sufrindo, a organizar un evento de estas características e que desfagamos todo o que levamos conseguido ata o de agora, ademais de que chegada a data, que sería o día 21 de Marzo, debemos ter en conta que pode ser que o nivel de restricións non nos permita realizar este tipo de eventos”

cancelacion feira queixo friol
0.14046597480774