Candai celebrará as festas de San Antonio desde hoxe con música, gastronomía e actos relixiosos

LugoXa | TerraChaXa
As celebracións darán comezo cunha churrascada veciñal prevista para as 22.00 horas
festas-candai-outeiro-de-rei
12 Jun 2026

Candai, no concello de Outeiro de Rei, xa ten todo preparado para celebrar as tradicionais festas na honra a San Antonio desde hoxe e ata o domingo. O programa combinará actividades gastronómicas, actos relixiosos e numerosas actuacións musicais destinadas a todos os públicos.

As celebracións darán comezo cunha churrascada veciñal prevista para as 22.00 horas. A continuación terá lugar a verbena, que estará amenizada polo dúo EPO-K.

O sábado será unha das xornadas máis completas do programa festivo. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne, seguida dunha sesión vermú co Grupo Ritmo. Pola tarde, a música continuará coa actuación da DJ Patakiña, que tamén participará na verbena nocturna xunto ao Grupo Ritmo.

As festas concluirán o domingo cunha misa solemne de Corpus ás 13.00 horas. Ao remate do oficio relixioso, os asistentes poderán gozar da sesión vermú amenizada polo Grupo Alba, que porá o broche final a tres días de celebración na parroquia.

A comisión organizadora anima á veciñanza e aos visitantes a participar nestas festas, que cada ano reúnen a numerosos asistentes arredor da tradición, a convivencia e a música en directo.

0.12897109985352