Candamil está de festa este sábado

TerraChaXa
A parroquia de Candamil, en Xermade, celebra as súas festas na honra a San Roque este sábado día 13 de maio
7 Maio 2024

A parroquia de Candamil, en Xermade, celebra as súas festas na honra a San Roque este sábado 11 de maio.

O día dará comezo coa sesión vermú e non haberá misa por falta de sacerdote.

Haberá xantar a cargo do restaurante O Paso e o menú consistirá en paella, xarrete de tenreira á xardineira, sobremesa, café de licores.

As persoas que desexen participar no xantar deberán recoller o tícket antes do día 9 no restaurante O Paso ou cos memros da comisión.

Pola tarde haberá festa amenizada pola disco móbil Tapioka, ademais de sorteos de agasallos e colchóns de balde para os nenos.

0.18305015563965