Carballo Vivo de Friol celebra o 10 un desfile e unha cea de Entroido

TerraChaXa | LugoXa
A asociación Carballo Vivo de Friol reanuda a súa actividade coa celebración do Entroido o sábado 18 de febreiro.
31 ene 2024

A asociación Carballo Vivo de Friol reanuda a súa actividade coa celebración dun desfile e unha cea de Entroido o sábado 10 de febreiro.

O colectivo ten preparadas unha serie de actividades que comezarán ás 17.30 horas cunha concentración de entroidos no centro cultural de Carballo, que farán un desfile a partir das 18.00 horas polas rúas de Friol.

A xornada comezará cun cocido no centro social de Carballo a partir das 13.30 horas. Para o xantar é preciso apuntarse no correo carballovivo@gmail.com, ou falando cun membro da directiva da asociación. O prazo é ata o 8 de febreiro e o prezo será de 2o euros, 15 para socios.