Carlín, en Friol, celebra o luns as festas patronais

TerraChaXa | LugoXa
A localidade de Carlín, en Friol, celebra este luns, 25 de marzo, as festas na honra á Virxe do Hermo.
24 Mar 2024

A localidade de Carlín, en Friol, celebra este luns, 25 de marzo, as festas na honra á Virxe do Hermo. Estas consistirán nunha sesión vermú e unha verbena amenizadas pola orquestra Trébol.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Ademais, haberá misas o día 25 ás 10, 11 e 12 horas e a misa maior será ás 13.00 horas. Este domingo a misa será ás 11.00 horas e tamén haberá oficio o día 31 á mesma hora.

0.18790912628174