Carlos Dias presenta en Guitiriz un libro sobre a recuperación da memoria histórica de Galicia

TerraChaXa
Durante a presentación, o autor estará acompañado por Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos e responsable do prólogo da obra, así como polo historiador Esteban Roca Núñez
presentacion-do-libro-carlos-dias
7 Oct 2026

O profesor e escritor galego Carlos Dias Diegues presentará este venres, 9 de outubro, en Guitiriz o seu libro Un pobo con memoria. A recuperación da memoria histórica da Galiza, unha obra na que aborda a recuperación e o coñecemento do pasado recente de Galicia.

O acto terá lugar ás 19.00 horas na Escola Habanera e está organizado pola asociación Xermolos. A entrada será libre.

Durante a presentación, o autor estará acompañado por Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos e responsable do prólogo da obra, así como polo historiador Esteban Roca Núñez. O libro parte da tese doutoral realizada por Carlos Dias Diegues.

A actividade pretende poñer o foco na importancia de investigar e dar a coñecer os feitos acontecidos durante as últimas décadas, especialmente para achegar este coñecemento ás novas xeracións e contribuír á recuperación da memoria histórica.

0.16155600547791