Carlos Rodríguez Casanova gañou o premio Volante Deputación

TerraChaXa
Carlos Rodríguez Casanova foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo da fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se poñía en xogo unha praza para competir na vindeira edición do Rallie San Froilán.
xuvenil
5 Oct 2020

Carlos Rodríguez Casanova foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo da fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se poñía en xogo unha praza para competir na vindeira edición do Rallie San Froilán.

O mozo lucense foi o primeiro en cruzar a liña de meta na proba final (1.59.876), por diante de Borja Román Rodríguez (2.00.124), Arturo Santiago Pérez Fojón (2.00.373) e Oliver Rodríguez Torrente (2.08.120)

A proba, promovida pola área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Pastoriza, contou nesta novena edición con 160 participantes, que recibiron formación en condución deportiva e tiveron a oportunidade de iniciarse na competición automobilística coas probas cronometradas que se realizaron durante a fin de semana. 

O gañador poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, nos que recibirá foramción específica para competir no rallie San Froilán, aos mandos dun Dacia Sandero Cup con asistencia do equipo Trs Racing Team.

Entrega de premios

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, que asistiron á final disputada este domingo e fixeron entrega dos galardóns ao gañador e aos finalistas, parabenizaron “a organizadores e participantes por sacar adiante a proba nun ano que está a ser moi difícil tamén para o deporte” e animaron aos participantes “a seguir formándose para acadar as súas metas competitivas”.

0.16433000564575