Carlos Sinde regresará á corporación de Castro de Rei no vindeiro pleno de novembro

LugoXa | TerraChaXa
É tío de Alba Sinde, actual portavoz socialista e cabeza de lista do PSdeG, e irmán de Edita Sinde, concelleira do Partido Popular
carlos-sinde-concelleiro-psoe-castro-de-rei
29 Sep 2026

O socialista Carlos Sinde volverá formar parte da corporación municipal de Castro de Rei como novo concelleiro do PSdeG, en substitución de José Luis Castro Tellado, que presentou a súa dimisión por motivos persoais durante o último pleno ordinario. A súa incorporación farase efectiva no vindeiro pleno, previsto inicialmente para o mes de novembro.

Sinde, que ocupaba o cuarto posto na candidatura socialista das últimas eleccións municipais, xa conta con experiencia na política local, pois foi concelleiro durante a pasada lexislatura. O seu regreso supón a continuidade do grupo socialista tras a marcha de Castro Tellado, quen foi portavoz e cabeza de lista do PSdeG en 2019.

A nivel persoal, Carlos Sinde mantén unha estreita vinculación coa política municipal. É tío de Alba Sinde, actual portavoz socialista e cabeza de lista do PSdeG, quen recoñeceu en varias ocasións que foi “unha das persoas que me inspirou para meterme en política”. Ademais, é irmán de Edita Sinde, concelleira do Partido Popular, unha circunstancia pouco habitual que volverá reunir dous irmáns en bancadas opostas do salón de plenos.

A toma de posesión de Carlos Sinde permitirá ao grupo socialista recuperar os seus catro representantes na corporación e afrontar con normalidade o inicio do novo curso político a partir do pleno de novembro.

0.14190602302551