Carlos Yobanni prepara a pretemporada 2018 no XXVI Torneo Internacional de Krasnik júnior

TerraChaXa
Carlos Yobani disputará o XXVI Torneo Internacional de Krasnik júnior como punto de partida da pretempada 2018.
Carlos Yobani, do  Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
Carlos Yobani, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
4 Out 2017

Carlos Yobani disputará o XXVI Torneo Internacional de Krasnik júnior como punto de partida da pretempada 2018.

O vilalbés ten amosado un alto rendemento na pasada temporada; polo que é unha das principais apostas de base da Federación Española que quere contar con el como o garante de relevo do actual equipo español absoluto.

Carlos, que se atopa adestrando en Vilalba en colaboración co campión mundial Alexis Rodríguez, ten amosado unha gran melloría nestes meses que tentará poñer de manifesto esta fin de semana en Polonia, onde se medirá aos mellores loitadores xuvenís de Europa.

O director técnico do Club de Loita Olímpica de Vilalba, Iván Castro, apunta que "estamos convencidos de que o rendemento tanto de Carlos como dos principais competidores vilalbeses dará moi bos froitos nesta tempada que ven asentando o traballo de cara ao 2020 e clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio".

0.17782115936279