Carmen Aira califica de insuficientes os orzamentos da Xunta para Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A deputada nacionalista por Lugo, Carme Aira, fixo, en chave lucense, unha valoración inicial do proxecto de orzamentos que vén de facer públicos da Xunta de Galiza e lamenta que “os orzamentos 2024 confirmen o abandono do PP a Lugo ao ser un refundido de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública ou para o impulso económico”.
carmen aira bng orzamentos
24 Oct 2023

A deputada nacionalista por Lugo, Carme Aira, fixo, en chave lucense, unha valoración inicial do proxecto de orzamentos que vén de facer públicos da Xunta de Galiza e lamenta que “os orzamentos 2024 confirmen o abandono do PP a Lugo ao ser un refundido de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública ou para o impulso económico”.

De forma singular, a deputada lamenta que “proba deste abandono son esquecementos para Lugo da importancia de consignar unha dotación orzamentaria para a recuperación do barrio da Tinería, que sería fundamental para darlle un pulo á cidade e que leva sen ningunha nova dotación dende a época do bipartito”

Neste sentido, a deputada nacionalista subliñou diversos proxectos que a Xunta non está rematar nin destinar os suficientes recursos “o Porto Seco de Monforte, que leva máis de dez anos en situación de parálise e ao que recorrentemente se lle asignan 500.000€ a sabendas de que non se van usar precisamente porque son insuficientes para cumprir coas exixencias do goberno do estado”. “O desdobramento do corredor entre Nadela-Sarria, fundamental para comunicar o centro e o sul da provincia en condicións de máxima seguridade viaria, non vai chegar a ser minimamente unha realidade até 2027.

Aira lembrou que estes proxectos foron anunciados nos derradeiros anos mais sen executarse “incumprimento tras incumprimento sen mover un só papel en todo este tempo, esa é a credibilidade do Partido Popular con Lugo, as mesmas promesas de sempre que nunca se cumpren” tal e como se demostra na lentitude da reconstrución da estrada Lu-651 que vertebra o concello de Folgoso do Caurel que non se rematará ata finalizado o 2026.

Cuestións fundamentais como garantir un transporte público resolutivo e de calidade que vertebre o territorio, as melloras que se precisan no transporte escolar ou unha loita integral contra o despoboamento non son tidas en conta. Tampouco as inversións en Sanidade parecen suficientes xa que as carencias na atención primaria ou tamén no hospital comarcal de Monforte merecerían unha especial dotación.

Por isto, o BNG impulsará emendas para pór os intereses e as necesidades das luguesas e lugueses e afondar nun maior compromiso con Lugo “presentaremos emendas para incentivar un maior dinamismo económico e social para as comarcas de Lugo, como o impulso de infraestruturas clave como son o corredor Lugo-Monforte, o Porto Seco ou a rehabilitación da Tinería, como tamén emendas para mellorar as oportunidades e garantir os mellores servizos á veciñanza das comarcas de Lugo facendo especial fincapé en dotar ao rural de elementos de habitabilidade que o fagan atractivo para desenvolverse socioeconomicamente entorno ao sector primario, permitíndolle á súa vez unha maior fixación de poboación” declarou Aira.

RUBÉN ARROXO

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, preguntado polos medios de comunicación da cidade, clasificou o proxecto de orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2024 como “insuficientes” para a cidade de Lugo. Arroxo destacou que “proxectos que Lugo leva moito tempo esperando, como a rehabilitación do Cuartel de San Fernando, volven estar ausentes neste orzamento”, e lembrou que “a rehabilitación do cuartel é unha demanda histórica da veciñanza, e durante o período 2005 – 2009 acordouse a súa rehabilitación por parte da Xunta”.

Arroxo criticou que a Xunta siga incluíndo partidas orzamentarias para construír a rolda Leste, e lembrou a proposta de destinar este orzamento ao barrio da Tinería, “rehabilitando dunha vez unha zona histórica de Lugo, que leva desde o 2009 sen recibir investimentos serios por parte do goberno de Galiza”.

Sobre a rolda Leste, Arroxo lembrou que a última información da Xunta de Galiza “danos a razón ao recoñecer que é preciso realizar unha nova declaración de impacto ambiental”, e lembrou que “manter o Parque do Rato é máis importante que crear unha nova autovía que vai reducir un desprazamento en 3 minutos".

Rubén Arroxo afirmou que "o Parque do Rato completa o cinto verde do concello de Lugo, un terreo natural que calquera outra cidade querería ter", e engadiu "Lugo avanzou moito na sustentabilidade urbana e na redución da pegada de carbono nos últimos anos, coa rolda Leste, a Xunta pretende dar un paso atrás e destruír o unha das zonas verdes que máis desfrutan as veciñas e veciños".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16941094398499