Carral acollerá unha xornada sobre actuacións ante situacións de emerxencia

TerraChaXa
As actividades desenvolveranse o 27 na Casa do Empréstamo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas
xornada-situacions-emerxencia-begonte
Cartel
22 Jul 2024

A parroquia de Carral, no municipio de Begonte, acollerá unha xornada sobre actuacións ante situacións de emerxencia o día 27 de xullo, sábado.

As actividades, que se desenvolverán na Casa do Empréstamo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas, están organizadas pola Asociación de Veciños de Carral coa colaboración da Asociación Española de Garda Civís en Galicia (AEGC). Serán impartidas por formadores titulados e persoal sanitario habilitado.

O delegado da AEGC en Galicia, Germán Ángel Vale Varela, explica que nesta xornada informaremos sobre “como actuar ante accidentes, caídas de persoas maiores, desaparicións, etcétera”.

A asistencia é gratuíta, con prazas limitadas. As persoas interesadas en asistir poden contactar con membros da Asociación de Veciños de Carral ou a través do teléfono 606 638 953.

0.16286182403564