Casas da Fortaleza acolle unha nova xornada de Interritmos en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A xornada continuou cun showcase musical a cargo de Axeigo, un grupo de música tradicional de Rábade
Interritmos-Outeiro-de-Rei
1 Feb 2025

A Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei foi o escenario dunha nova xornada de Interritmos, un espazo de encontro e diálogo arredor da música de raíz.

O evento contou cun faladoiro protagonizado por Faustino Núñez, David Pino e Julia Pozo, moderado pola xornalista Patricia Hermida.

A xornada continuou cun showcase musical a cargo de Axeigo, un grupo de música tradicional de Rábade, que encheu o espazo de sons enraizados na cultura galega.

Entre os asistentes, destacou a presenza do alcalde do concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, quen quixo acompañar esta iniciativa de promoción da música tradicional.

O evento pechouse cunha degustación de produtos locais, ofrecendo aos asistentes unha experiencia completa de música e gastronomía.

Esta actividade está organizada polo GDR Comarca de Lugo e inscríbese no programa de formación e acompañamento coworking Interritmos: emprendemento música de raíz.

0.16650414466858