Castelo, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas

LugoXa | TerraChaXa
O programa comeza o día 24 con misa solemne e sesión vermú da man do grupo Fénix
Fogos artificiais
Foto recurso
16 Ago 2024

Castelo, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Salvador os días 24 e 25 de agosto e 29 de setembro. O programa comeza o día 24 con misa solemne e sesión vermú da man do grupo Fénix que tamén amenizará a verbena acompañado polo dúo Epo-K.

O domingo haberá de novo misa e sesión vermú a cargo do grupo puzzle para facer desfrutar a todos os presentes. Ademais, a parroquia organiza a súa comida veciñal o día 29 de setembro, xornada na que a música tamén será protagonista. Haberá unha sesión vermú a cargo do dúo Epo-K.

festas castelo outeiro
0.11409401893616