Castiñeiro Milenario celebra en Begonte o Samaín esta tarde

TerraChaXa
Este ano desde Castiñeiro Milenario organizan a festa de Samaín na que farán un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro.
cartazv2
31 Out 2018

Este ano desde Castiñeiro Milenario organizan a festa de Samaín na que farán un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro.

Este percorrido faise cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, usarán indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que a xente se vista de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode levar unha túnica negra ou similar.

O lugar de saída será no Restaurante Galicia, ás oito da tarde para ir visitar algúns doa bares de Baamonde e logo ir ata Pacios. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.

0.077305793762207