Castiñeiro Milenario continúa co programa de visitas culturais a museos

TerraChaXa
O colectivo Castiñeiro Milenario de Begonte presentou un programa de Inverno Cultural, que consiste en tres visitas guiadas.
visitas castineiro milenario inverno portada
visitas castineiro milenario inverno portada
5 feb 2023

O colectivo Castiñeiro Milenario de Begonte presentou aos seus socios un programa de Inverno Cultural, que consiste en tres visitas guiadas a lugares de interese da contorna. Esta actividade é exclusiva para socio e socias da asociación.

O programa iniciouse o 21 de xaneiro coa visita ao Museo do Parladoiro, situado en Matela, en Outeiro de Rei, a partir das 17.00 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse no correo castineiromilenario@hotmail.com

Continuará o programa o día 11 pola  Casa Museo Manuel María.

Finalizará co Museo das cousas de Pepe, en Pígara, en marzo. Para este aínda non hai da fixada.

visitas castineiro milenario inverno