Castiñeiro Milenario convoca para o día 11 a Foliada de Inverno

TerraChaXa
Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición das Foliadas de Inverno, na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro de Begonte.
foliada de inverno castineiro milenario portada
22 Feb 2023

Castiñeiro Milenario comeza o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro de Begonte. Este ano terá lugar o 11 de marzo e dará comezo cun obradoiro de trompa ou birimbao.

Daniel do Pando, recoñecido tocador da trompa, impartirá un obradoiro de iniciación a este instrumento. O obradoiro, de nivel iniciación, ten unha duración aproximada de catro horas e consta dunha parte teórica para tratar temas como a historia, afinación, limpeza… e outra práctica como o agarre, ritmos básicos, melodía, etcétera. A cada participante deixaráselle un instrumento para o obradoiro. O inicio está programado para as cinco de tarde. O prezo é de 15€ para as persoas asociadas de Castiñeiro e de 20€ para o público en xeral. É aconsellable anotarse enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com, chamando ao 616705174 ou por calquera das nosas redes sociais.

Despois do tempo de formación, pasarese aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00. O grupo local Foliadeir@s do Castro serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente Xaora será o grupo encargado de continuar a festa. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.

foliada de inverno castineiro milenario
0.10617113113403