Castiñeiro Milenario e a Sociedade Micolóxica Lucus realizan este domingo un paseo micolóxico

LugoXa | TerraChaXa
Como novidade este ano como fin de festa contará coa primeira representación do VIII Ciclo de Teatro
paseo-micoloxico-lucus-castineiro
17 sep 2024

A asociación Castiñeiro Milenario de Begonte organiza unha nova edición do Paseo Micolóxico, unha actividade conxunta entre a  Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e exclusiva para as persoas asociadas de ámbalas dúas formacións. O lugar de saída para iniciar o paseo será no local da Asociación Veciñal do Castro, a partir das dez da mañá do domingo 22 de setembro.

As persoas asociadas das dúas organizacións van realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Despois deste paseo, terá lugar unha comida conxunta de confraternidade no mesmo local social, cedido pola AV do Castro. O xantar e a bebida achegarase por parte de ámbalas dúas asociacións, aínda que calquera socio que o desexe pode achegar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

Como novidade este ano como fin de festa contará coa primeira representación do VIII Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario a cargo da compañía O Torques de Burela que representarán a obra titulada ODT-TIVE.

0.082351922988892