Castiñeiro Milenario organiza unha visita guiada ao Vello Cárcere de Lugo

TerraChaXa | LugoXa
A asociación cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organizou para este sábado unha visita guiada ao Vello Cárcere de Lugo.
Captura de pantalla 2019 06 26 a las 10.52.25
27 Xuño 2019

A asociación cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organizou para este sábado unha visita guiada ao Vello Cárcere de Lugo.

A idea desta actividade xurdiu trala proxección da película Camilo, o último guerrilleiro. Durante o debate sobre a memoria histórica e sobre a incrible vida de Camilo de Dios posterior, unha das asistentes falou do que lle impresionara a visita ao Vello Cárcere de Lugo, razón pola que decidiron facer esta visita ao edificio para coñecer a súa historia como prisión franquista e a historia da súa recuperación como edificio adicado á memoria e á cultura.

Así que o vindeiro sábado 29 de xuño os participante están citados ás 18:50 horas diante do edificio para facer unha visita guiada exclusiva para Castiñeiro Milenario que comezaría ás 19 horas.

É preferible anotarse enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou no teléfono 616705174, xa que o número máximo de persoas por visita é de 25.

vello_carcere_web
0.084471940994263