Castiñeiro Milenario recupera este sábado a Foliada de Outono

TerraChaXa
Regresan a Begonte  as Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario, que terán lugar o 19 de novembro con música, ocio e formación.
foliada de outono castineiro milenario portada
foliada de outono castineiro milenario portada
15 nov 2022

Regresan a Begonte  as Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario, que terán lugar o 19 de novembro con música, ocio e formación.

Como é tradición, non hai festa foliadeira en Castiñeiro, sen que haxa un momento dedicado á aprendizaxe. Desta volta propoñen un moi interesante obradoiro de percusión tradicional. Roberto Rodríguez, impartirá un obradoiro de iniciación ao toque coa Lata de pemento no repertorio de cantares para o baile tradicional.

O obradoiro comezará ás 19.30 horas e terá unha duración aproximada de hora e media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento a este instrumento popular. O custe para persoas non socias é de 15 euros, mentres que para as persoas socias de Castiñeiro Milenario o prezo será de 5 euros.

É aconsellable anotarse enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com, chamando ao 616705174 ou por calquera das redes sociais. Se non se leva lata de pemento, a organización tentará de ter latas para todas.

Despois do tempo de formación, pasarán aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00. O grupo local d@s Foliadeir@s do Castro, serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente intervirán o dúo Gaiteirada desde Lugo e , despois duns anos, volven ás foliadas de Castiñeiro os amigos de Axeigo. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.

foliada de outono castineiro milenario