Castro acolleu unha xornada de prevención de riscos organizada por Asaga

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta marca como prioritario o sector agrario para inculcar unha cultura da prevención que permita avanzar na sinistralidade cero.
xornada prevencion de riscos castro de rei elena mancha
27 Out 2021

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou no mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea unha xornada sobre prevención de riscos laborais da Asociación Agraria de Galicia (Asaga). O acto -enmarcado na Semana Europea da Seguridade e Saúde no Traballo, que se celebra ata o próximo venres- permitiulle poñer en valor as actuacións da Xunta en materia de prevención de riscos e uso seguro de maquinaria nas que o sector agrario “é prioritario”.

Tal e como detallou Mancha, o sector agrario é considerado como prioritario para a  Xunta de Galicia de xeito transversal e concretamente pola Consellería de Emprego e Igualdade no eido da protección da saúde das persoas traballadoras e autónomas que o integran. Por este motivo, está a apoiar a celebración, por parte de Asaga, dunha vintena de sesións formativas dirixidas ao sector.

Elena Mancha lembrou que a Xunta ven de axudar un ano máis a asociacións empresariais, clústeres e sindicatos con 1,5 millóns de euros para que desenvolvan iniciativas que, como a de hoxe,  repercutan nunha  mellora continua das condicións de traballo de seguridade e saúde nas empresas en todos os sectores do tecido empresarial galego co fin último de acadar a sinistralidade cero.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) colabora activamente tamén coas asociacións no asesoramento especifico e actividade supervisora que requiren o que, segundo Mancha,  “consegue ano tras ano ir mellorando as condicións de traballo a través da concienciación e a formación tanto dos empresarios e os seus servizos de prevención, como das persoas traballadoras”.

Os plans de actuación do instituto, que depende da Consellería de Emprego e Igualdade,  inclúen actuacións de asesoramento, información e sensibilización específicas para reducir a sinistralidade laboral no sector agrario e gandeiro, así como medidas de control e seguimento que se desenvolven tamén en colaboración coa Consellería do Medio Rural e coas organizacións sectoriais representativas do sector. O Issga participa así en grupos de traballo estatais e autonómicos e presta apoio á elaboración de estatísticas de sinistralidade, investigacións de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do sector agrario e campañas de promoción.

A formación ocupa un lugar destacado no conxunto de actuacións. Tal e como lembrou Mancha, este ano celebrouse a sexta edición do curso de  prevención sobre o manexo seguro da motoserra e rozadoira. Tamén está prevista a realización  da sexta edición do curso sobre  gamificación.

Entre as campañas máis recentes de sensibilización, Emprego e Igualdade ven de promover A túa vida, sen voltas, para o uso seguro do tractor que ten como destinatarios os agricultores tanto por conta propia como allea, cooperativas agrarias, técnicos e alumnado das Escolas de Capacitación Agraria. Poboación rural en xeral.

Ademais o Issga está inmerso nunha iniciativa que divulgará xunto coa Consellería do Medio Rural sobre a prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún.

“Hoxe queremos trasladaros outra vez más a preocupación da  Xunta de Galicia polo voso sector, queremos fixar,  atraer e reter poboación ao medio rural,  que o sector agrario galego se posicione como unha forza fundamental da nosa economía , que as condicións de traballo  vaian mellorando día a día e que os accidentes de traballo sexan os menos posibles; deste xeito as empresas agrarias e rurais galegas serán cada vez mais sustentable y competitivas”, recalcou a directora xeral.

0.19821214675903