Castro de Rei abre o proceso para a contratación dun socorrista
TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei abriu o proceso selectivo para a contratación temporal dun socorrista dentro do programa de Fomento da actividade deportiva.
16 Jun 2018
O Concello de Castro de Rei abriu o proceso selectivo para a contratación temporal dun socorrista dentro do programa de Fomento da actividade deportiva.
Para poder concorrer ao concurso os aspirantes deberán estar en posesión do título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo e acreditar unha experiencia laboral superior aos 12 meses.
A duración do contrato será de dous meses na modalidade de obra e servizo e será a xornada completa. As probas selectivas terán lugar o 2o de xuño ás 11.00 horas.