Castro de Rei acolle un curso de manipulador de alimentos

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei organiza un curso de manipulador de alimentos para o luns 23 de xaneiro.
16 Xan 2023

O Concello de Castro de Rei organiza un curso de manipulador de alimentos para o luns 23 de xaneiro. Este taller será totalmente gratuíto e terá unha duración de tres horas.

Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.

Impartirase en horario de 16.00 a 19.00 horas no salón de actos do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea por un técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade..

Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.

0.18325304985046