Castro de Rei acollerá unha nova edición dos Cantos de Taberna no Teleclub de Bazar

LugoXa | TerraChaXa
A cita reunirá catro formacións musicais que serán as encargadas de poñer a música e o ambiente tradicional á noite
cantos-de-taberna-en-bazar
11 Nov 2026

O Teleclub Ignacio Rey-Stolle de Bazar, no municipio de Castro de Rei, será o escenario dunha nova xornada de Cantos de Taberna este sábado, 14 de novembro, a partir das 21.00 horas.

A cita reunirá catro formacións musicais que serán as encargadas de poñer a música e o ambiente tradicional á noite: Tropa Lixeira, Os D’Aquí, Os Cantos da Valura e Os Asubíos da Chaira.

A iniciativa pretende ofrecer unha noite de encontro arredor da música popular galega, recuperando o espírito dos tradicionais cantos de taberna, nos que a música, as voces e a convivencia son os grandes protagonistas.

 

0.12883710861206