Castro de Rei celebra o terceiro Certame de Teatro Afeccionado desde este sábado

LugoXa | TerraChaXa
En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo
teatro-escenario
18 Xul 2024

Castro de Rei inicia este sábado a terceira edición do Certame de Teatro Afeccionado. As representacións terán lugar tres sábados seguidos no centro cultural Xosé Manuel Carballo.

O certame dará comenzo o 20 de xullo ás 20:00 coa representación de O asasinato en Brooke Manor, a cargo de grupo de teatro Falcatrueiros de Monterroso. As representacións continuarán o día 27 de xullo con Vivan os noivos do grupo de teatro A Adala de Foz, o día 3 agosto rematarán con Intelixencia artesanal, do grupo Faro Miño de Chantada.

En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Os Baluros, en colaboración co Concello e a área de Cultura da Deputación.

0.17567586898804