Castro de Rei convoca o domingo unha nova Festa do neno

O Concello de Castro de Rei celebrará este domingo día 21 de xuño, a festa do día do Neno, que este ano será en Castro Ribeiras de Lea.
Nesta celebración, os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar de xogos como inchables e tobogáns, pintacaras, xogos populares e paracaídas, todo actividades de balde.
O horario da festa será dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas e terá lugar na Carballeira.