Castro de Rei mellora a accesibilidade ao centro de saúde da capitalidade cunha subvención de Agader

O Concello de Castro de Rei executa obras de mellora de accesibilidade nos accesos ao Centro de Saúde de Castro de Rei por importe de 27.510,96 euros con cargo a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por importe de 14.756,87 euros.
As obras consisten na nivelación e ampliación da pavimentación na parte frontal do edificio, deixando os dous accesos á mesma cota, pavimentación accesible dende a parte baixa da parcela e nova execución de dous chanzos na parte alta con varanda de acceso ás instalacións.
O obxectivo é facilitar os accesos dende as beirarrúas, prevendo ademais a aparición de dúas pequenas zonas para futuro axardinamento en contacto coa beirarrúa existente, obras que supoñen unha mellora respecto da situación existente na que a accesibilidade se producía a través dun chanzo, e con unha pavimentación de diversos materiais que se atopaban nun estado de deterioro.