Castro Ribeiras de Lea abre as festas cunha churrascada

LugoXa | TerraChaXa
O Combo Dominicano pechará o programa o luns despois dunhas variadas festas
programa-festas-castro-ribeiras-de-lea
2 Ago 2024

A localidade de Castro Riberas de Lea arranca hoxe o seu programa de festas patronais, que se celebrarán os días ata o 5 de agosto.

Será unha churrascada veciñal, hoxe venres, a que abrirá a celebración. Poderá asistir todo o que queira, xa que venderase tíckets o mesmo día a 10 euros. Ao finalizar, sobre as 23.30 horas haberá verbena con Los Españoles e DJ Machito.

O sábado serán Os Valuros o encargados de abrir a sesión cos seus pasarrúas e posterior actuación ás 12.30 horas, antes da misa e a procesión. Ás 14.15 horas está prevista a sesión vermú, que contará coa orquestra Trébol, que tamén se ocupará da verbena xunto a New York. Pola tarde ese mesmo día haberá xogos tradicionais e animación para todas as idades.

O domingo abrirá coa música da Charanga 555, antes da misa e procesión, que será ás 13.30 horas. Ás 14.15 horas o pregón estará a cargo de Leticia Regueiro, doutora en Enxeñaría Química, xusto antes da sesión vermú que dará Stereo. Despois do xantar serán Festicultores Troupe o que seguirán poñendo música toda a tarde. Ás 18.30 horas será tempo para os nenos, con festa da escuma e inchables e pechará a xornada a verbena de Stereo e Costa Dorada.

No descanso, sobre ás 1.30 horas, haberá fotos de artificio.

O luns 5 clausuraranse as festas. Haberá misa ás 13.30 horas e a parte musical estará a cargo de Principal, en dobre sesión, e do Combo Dominicano pola noite. Pola tarde, ás 15.30, está previsto unha sesión musical de seis horas a cargo de Disco Móvil Hermo.

cartel-festas-castro-ribeiras-de-lea
0.077046871185303