Cazás celebra as festas na honra á Divina Pastora a fin de semana

TerraChaXa
O sábado 10 celebrarase unha misa solemne, procesión coa actuación de Os Trapeiros dos Vilares e unha sesión vermú amenizada por Punto Clave
festas-cazas
7 Oct 2026

A parroquia de Cazás, no concello de Xermade, prepara un intenso programa de actividades para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Divina Pastora, que terán lugar os días 10 e 11 de outubro.

O sábado 10 celebrarase unha misa solemne, procesión coa actuación de Os Trapeiros dos Vilares e unha sesión vermú amenizada por Punto Clave. Pola noite, a verbena estará amenizada pola mesma orquestra xunto coa orquestra Cinema, garantindo unha xornada de festa e boa música.

O domingo 11 continuará a celebración cunha nova misa solemne, procesión, nesta ocasión acompañada pola banda de gaitas Axouxere de Roupar, e sesión vermú a cargo do dúo Venus, que poñerá o punto final ás festas de Cazás.

As actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, asegurando o bo desenvolvemento dos festexos en caso de mal tempo. O evento conta coa colaboración do Concello de Xermade e diversos patrocinadores locais.

0.15491795539856