Cazás celebrará esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Carme e San Xulián

TerraChaXa
A sesión vermú del domingo estará amenizada polo dúo Calibre, que será o encargado tamén de poñer a nota musical á segunda xornada das festas
festas-xermade-cazas
10 Jul 2026

A parroquia de Cazás, no concello de Xermade, celebrará esta fin de semana as tradicionais festas na honra da Virxe do Carme e San Xulián cun programa que combinará os actos relixiosos coa música e a animación festiva.

As celebracións desenvolveranse os días 11 e 12 de xullo. O sábado, a xornada arrancará ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra D’Noche. Pola noite terá lugar a gran verbena, que contará coa actuación da propia orquestra D’Noche e do trío Merengue.

O domingo continuarán os festexos tamén a partir das 13.30 horas coa celebración da misa solemne e a procesión. A continuación celebrarase a sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Calibre, encargado tamén de poñer a nota musical á segunda xornada das festas.

A organización agarda reunir a numerosos veciños e visitantes nunha cita que cada ano serve como punto de encontro para a veciñanza da parroquia e das localidades próximas, mantendo vivas unhas celebracións con fonda tradición na comarca. As festas contan coa colaboración do Concello de Xermade e de diferentes empresas e entidades patrocinadoras.

0.12706995010376