Cea anual dos ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Un ano máis, os ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, reuníronse nunha cea de confraternidade.
cea antigos alumnos ramon falcon castro de rei cospeito
cea antigos alumnos ramon falcon castro de rei cospeito
27 Nov 2023

Un ano máis, os ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, reuníronse nunha cea de confraternidade. Asistiron os nados no ano 1976, e que remataron a EXB no curso 1989/1990.

A xuntanza tivo lugar na Parrillada Bañal de Muimenta, o sábado 25 de novembro ás 22:00 horas.

Begoña Soto e Toni Díaz entregaron o relevo a Belén Villamel e Carmiña, que organizarán o vindeiro encontro a última fin de semana do mes de novembro do ano 2024.

Esta xuntanza iniciouse en xaneiro do ano 2002, e mantívose todos os anos, agás no 2020, debido á covid.

0.086107015609741