Celebran na Pastoriza un curso sobre mobilización e traslado de dependentes

TerraChaXa
Será en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas organizado pola Escola Galega de Saúde
curso-traslado-dependentes-pastroiza
24 Nov 2024

Este mércores, 27 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar na Casa da Música da Pastoriza unha formación dirixida a coidadores e profesionais interesados en aprender e mellorar as técnicas de mobilización e traslado de persoas dependentes.

O programa aborda diferentes áreas de interese relacionadas co sostén e o movemento do corpo humano, explicando os principios anatomofisiolóxicos que os rexen. Tamén se tratarán as patoloxías máis frecuentes que poden afectar ás persoas dependentes e a biomecánica das articulacións, analizando como se poden realizar os movementos de forma eficiente e segura. Ademais, afondarase nos principios anatomofisiolóxicos do sistema nervioso, ofrecendo unha perspectiva integral sobre o seu impacto na mobilidade.

Durante a formación, abordaranse os cambios posturais e as posicións anatómicas recomendadas, así como os fundamentos da mecánica corporal para levar a cabo técnicas de mobilización, traslado e deambulación. Finalmente, prestarase especial atención á prevención de riscos asociados a estas tarefas, tanto para as persoas dependentes como para os coidadores.

Para inscribirse, pode contactar nos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793. Esta actividade está organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns en colaboración co Concello da Pastoriza e o Servizo Galego de Saúde.

0.16571712493896