Celebráronse as finais do II Torneo de Tenis Concello das Pontes

TerraChaXa | FerrolXa
Marcos Fernández proclamouse campión na categoría Absoluto Non Federado, mentres que Teo Fernández logrou o título na categoría Infantil
torneo-tenis-as-pontes
22 Sep 2026

As Pontes viviu unha xornada dedicada ao tenis coa celebración das finais do II Torneo de Tenis Concello das Pontes, unha competición que reuniu deportistas de diferentes clubs e categorías.

O Club de Tenis As Pontes foi un dos protagonistas da xornada polos resultados acadados polos seus deportistas. Marcos Fernández proclamouse campión na categoría Absoluto Non Federado, mentres que Teo Fernández logrou o título na categoría Infantil. Pola súa banda, Lucas Fernández conseguiu o subcampionato Benxamín Masculino.

Desde a organización trasladaron os parabéns ao Club de Tenis As Pontes e ao conxunto dos seus deportistas polo traballo desenvolvido, o compromiso e a súa aposta pola promoción do tenis no municipio.

A entrega de trofeos contou coa participación da concelleira de Deportes, Elena López, que acompañou aos deportistas neste acto de recoñecemento ao seu esforzo e dedicación.

A celebración das finais serviu así para poñer en valor o deporte local e o labor realizado polo club pontés na formación e promoción do tenis.

0.1506359577179