Cenurose

TerraChaXa
Por Breixo González Hoxe imos a falar da cenurose , é unha enfermidade parasitaria dos ruminantes causada por Coenurus cerebralis, que é a forma inmatura de Taenia multiceps, un céstodo ( ou sexa unha tenia ou verme plano )cuxa forma adulta parasita ao can e a outros carnívoros salvaxes.
Breixo González
14 sep 2018

Por Breixo González

Hoxe imos a falar da cenurose , é unha enfermidade parasitaria dos ruminantes causada por Coenurus cerebralis, que é a forma inmatura de Taenia multiceps, un céstodo ( ou sexa unha tenia ou verme plano )cuxa forma adulta parasita ao can e a outros carnívoros salvaxes.

Esta enfermidade pode afectar tamén o home, aínda que nos nosos días non se considera un problema sanitario porque a súa incidencia é moi baixa ( grazas as extensas campañas de desparasitación levadas a acabo dende fai anos ).

Para unha maior comprensión , imos a falar do ciclo vital do parásito entender como funciona.

Taenia multiceps é o nome do parasito adulto que se atopa no intestino delgado dos cánidos, onde pode chegar a alcanzar máis de 1 m. de lonxitude. Como todas as tenias, Taenia multiceps está composta por segmentos que van madurando cara á parte final do parasito. Estes segmentos denomínanse proglote vanse  desprendendo conforme van madurando os ovos que conteñen, e saen ao exterior coas feces do can. O tempo desde que o parasito chega ao can ata que este expulsa os primeiros proglotis é de arredor un mes aínda que pode permanecer entre 6 e 24 meses durante os cales só haberá 1 ou 2 exemplares de Taenia multiceps. Se a temperatura e a humidade son axeitadas os ovos no exterior poden resistir ata un ano.

Unha vez que os ovos están no chan son diseminados pola auga e contaminan pastos, campos, cortes e demáis...Esta é  a forma en como as ovellas inxiren os óvos e así as ovellas que  pasan a actúar como hospedadores intermediarios. Outros hospedadores intermedios son o gando vacún, equino e o humanos.

Despois de tres ou catro horas tras a inxestión, as membranas dos ovos son dixeridas e o embrión que conteñenqueda liverado e coa axuda dos seus ganchos  bucais engánchanse á parede intestinal, atravesándoa posteriormente e emigrando a distintas zonas do organismo, aínda que só o tecido nervioso é o seu tecido predilecto para desenrrolarse.

Tras oito días chegan ao cerebro por vía sanguínea, a través dos vasos das meninxes, e de todos  os parásitos , libres no torrente sanguíneo  só un logrará desenrrolarse.

O organismo responde  fronte a este ataque con mecanismos inflamatorios tentando o illamento do parasito, rodeándoo cunha cápsula ( do mesmo xeito que os abcesos). O embrión produce dúas membranas máis das cales a máis interna orixinará os escolex, que son os futuros adultos da especie. Todo isto forma unha vesícula chamada Coenurus cerebralis.

A vesícula faise fértil sesenta días despois de que a ovella inxeriu os ovos de Taenia multiceps. Vai crecendo dentro da cabeza do hospedador producindo a compresión do cerebro e orixinando con isto os síntomas clínicos ( do mesmo xeito que un tumor canceroso ocasiona ).

O ciclo péchase cando un cánido inxere o cerebro da ovella que contén a vesícula fértil.

Os síntomas da presenza do cenuro nas ovellas son:

A primeira fase ven caracterizada por unha meningoencefalite difusa no que se observan momentos de hiperexcitación alternados con depresión, illamento do rabaño, posicións corporais anormais, problemas oculares e alteracións do terzo posterior que se traducen en caídas. Outros signos de carácter xeral que se poden presentar son a fatiga, diminución do apetito e trastornos respiratorios.

Na segunda fase : soe durar de tres a seis meses. Correspóndese co crecemento do cenuro dentro do cerebro. É unha fase asintomática.

Terceira fase:Todos os animais que sobreviviron á primeira fase, desenvolven agora signos deinflamación cerebral, causada polo crecemento excesivo do cenuro, que produce unha compresión focal. Os signos clínicos que se observan son: hiperactividade alternada con depresión, xiros do animal sobre si mesmo tamén denominado “  torneo” ou “ modorra”, tal e como se coñece polo mundo gandeiro, parálise unilateral do terzo posterior, o que provoca caídas do animal ao chan e remata coa morte de tódolos animais infectados.

Para evitar esta enfermidade, devemos desparasitar tanto as nosas ovellas como , e isto é moi importante os nosos cans , sobretodo se están en contacto cos noso gando , deberíamolos desparasitar como mínimo cada 6 meses ( como dicta a lei ) pero debéramolos desparasitar 4 veces o ano e facéndooas coincidir cos cambios de estación.

0.20449686050415