Cervo apoia ao sector do mar-industria ante o risco do proxecto de modificación da Lei de Costas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No Pleno ordinario celebrado esta semana no Concello de Cervo, cos votos a favor do PP e do BNG, e abstención do PSOE, aprobou unha proposta de Alcaldía presentada a instancias da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE),  en defensa do emprego vinculado ao sector do mar-industria ante o risco que supón o proxecto de modificación da Lei de Costas do Estado para un sector estratéxico en toda Galicia e no noso municipio.
4 Oct 2020

Tal e como precisan desde o Concello de Cervo, unha vez máis posicionámonos, como non podía ser doutro xeito, a favor do sector do Mar-Industria que vive intres de absoluta incerteza ante a ameaza de modificación do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, no relativo especialmente aos períodos de concesións no dominio público marítimo-terrestre “que mantén en vilo a todo un sector que ve como os prazos para presentar alegacións ao proxecto de reforma da Lei se prorrogan unha e outra vez, provocando inseguridade e inquedanzas no seo deste sector fundamental no eido económico e social na nosa Comunidade Autónoma”.

É a segunda proposta de Alcaldía que se aproba en pleno en apoio a este sector;  xa que o pasado 30 de xaneiro, e tamén a petición de AGADE -cos votos a favor do PP e coa abstención do PSOE e BNG- saíu adiante outra iniciativa contra o Proxecto de reforma do Regulamento de Costas.

En concreto a Corporación municipal de Cervo acordou en instar ao Goberno de España a que se modifique a redacción do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, garantindo a seguridade xurídica e a estabilidade a todo o sector da industria litoral, en particular, no relativo aos prazos das concesións no dominio público marítimo-terrestre. A que cando se leve a cabo a modificación da normativa de Costas se teña en conta ao sector Mar-Industria alimentario de Galicia e, en particular, o piscícola, pola súa relevancia social e económica para a nosa Comunidade Autónoma e a manifestar o noso apoio institucional á continuidade de actividade e do emprego vinculado ás empresas acuícolas e, en particular, ás iniciativas sustentables que se desenvolven no municipio.

0.15768480300903